logo
Web en construción

 

san simoncesgasan simonsan simonsan simon


 

 

Webmail

INSTRUCIÓNS INTERNAS DE CONTRATACIÓN DA FUNDACIÓN ILLA DE SAN SIMÓN 
Adaptadas á Lei 30/2007, de contratos do sector público.

Descargar documento


ANUNCIO DE CONTRATACIÓN, POLO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SIN PUBLICIDADE, DUN SERVIZO DE ORGANIZACIÓN E EXECUCIÓN DE PROGRAMAS DE VISITA CULTURAL E ACTIVIDADES ESCOLARES PARA AS ILLAS DE SAN SIMÓN E SAN ANTONIO. REDONDELA (PONTEVEDRA).

Con data 18 de setembro de 2008 publícase no perfil do contratante da web da Fundación Illa de San Simón "www.illadesansimon.org" anuncio e documentación referida ao expediente de contratación dun servizo de organización e execución de programas de visita cultural e actividades escolares para as illas de San Simón e San Antonio. Redondela (Pontevedra).

OBXECTO DO CONTRATO:

Prestación de servizos de organización e execución de programas de visitas culturais e visitas escolares á illa de San Simón.

PREZO:

26.000 € (vinte seis mil euros) + 16 % de IVE.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS:

Os licitadores convidados a presentar oferta nesta contratación deberán presentar as súas proposicións no prazo de dez días naturais contados dende o día seguinte á publicación do anuncio no perfil do contratante.

LUGAR ONDE AS PROPOSICIÓNS DEBERÁN SER PRESENTADAS:

Rexistro da Fundación Illa de San Simón, sito na Oficina Local da Consellería de Cultura e Deporte. Praza da Estrela 9, 4º. Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Vigo.

PRESCRICIÓNS TÉCNICAS     CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS

RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONTRATO DE SERVIZO DE ORGANIZACIÓN E EXECUCIÓN DE PROGRAMAS DE VISITA CULTURAL E ACTIVIDADES ESCOLARES PARA AS ILLAS DE SAN SiMÓN E SAN ANTONIO. REDONDELA (PONTEVEDRA).

Tendo en conta o informe-proposta de valoración de ofertas presentadas a licitación elaborado pola xerencia da Fundación Illa de San Simón con data 2 de outubro de 2008 para a contratación, por procedemento negociado sen publicidade, dun servizo de organización e execución de programas de visita cultural e actividades escolares para as illas de San Simón e San Antonio.

En nome do Padroado da Fundación Illa de San Simón e no uso das facultades que en materia de contratación me atribúe o Acordo de delegación de funcións de 12 de decembro de 2007, así como as Instrucións de contratación aprobadas polo Padroado de 5 de xullo de 2008.

RESOLVO:

1º. Aceptar a referida proposta en todos os termos e adxudicar provisionalmente o citado contrato a favor da empresa DVENTOS ORGANIZACIÓN PROTOCOLO S.L., con CIF. nº B-36465953 e por un importe de VINTE NOVE MIL DOUSCENTOS NOVENTA EUROS (29.290 €), IVE incluído, conforme ao seguinte desagregamento:

Ano 2008:

Importe total: 29.290 €
Importe sen IVE: 25.250 €
Importe IVE (16%): 4.040 €

2º. Establecer como prazo máximo de execución do contrato o 31 de decembro de 2008.

3º. Ordenar a notificación desta resolución aos ofertantes e a publicación no perfil do contratante, de acordo co regulado nas Instrucións de contratación da Fundación Illa de San Simón.

De conformidade co disposto na cláusula 19 do Prego de Cláusulas Particulares, o adxudicatario provisional deberá presentar a documentación requirida no citado prego na oficina da Fundación Illa de San Simón en Vigo, no prazo de 3 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2008
O Secretario da Fundación
Carlos Amoedo Souto


RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONTRATO DE SERVIZO DE ORGANIZACIÓN E EXECUCIÓN DE PROGRAMAS DE VISITA CULTURAL E ACTIVIDADES ESCOLARES PARA AS ILLAS DE SAN SiMÓN E SAN ANTONIO. REDONDELA (PONTEVEDRA).

Con data 3 de outubro de 2008 o órgano de contratación da Fundación Illa de San Simón resolveu adxudicar provisionalmente o contrato de servizos de organización e execución de programas de visita cultural e actividades escolares para as illas de San Simón e San Antonio, por procedemento negociado sen publicidade, a favor da empresa DVENTOS ORGANIZACIÓN PROTOCOLO S.L.

Desde a publicación o día 3 de outubro de 2008 no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de tres días hábiles establecido no punto 63 das Instrucións de contratación da Fundación Illa de San Simón, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.

Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, en nome do Padroado da Fundación Illa de San Simón e no uso das facultades que en materia de contratación me foron delegadas por Acordo do Padroado da Fundación de 12 de decembro de 2007, e en cumprimento do disposto no punto 63 das Instrucións de contratación da Fundación Illa de San Simón aprobadas no seu Padroado de 5 de xullo de 2008,

RESOLVO:

Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa DVENTOS ORGANIZACIÓN PROTOCOLO S.L., con CIF. nº B-36465953 e por un importe de VINTE NOVE MIL DOUSCENTOS NOVENTA EUROS (29.290 €), IVE incluído, conforme ao seguinte desagregamento:

Ano 2008:

Importe total: 29.290 €
Importe sen IVE: 25.250 €
Importe IVE (16%): 4.040 €

Establecer como prazo máximo de execución do contrato o 31 de decembro de 2008.

O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas, e elevarase a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outorgamento.

A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Asimesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 64 das Instrucións de contratación da Fundación Illa de San Simón.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2008.

O Secretario da Fundación

Carlos Amoedo Souto

ANUNCIO DE CONTRATACIÓN DUN SERVIZO DE TRANSPORTE MARÍTIMO COLECTIVO DE PASAXEIROS PARA ACCESO DE VISITANTES Á ILLA DE SAN SIMÓN (REDONDELA).

Con data 18 de xullo de 2008 publícase na web da Fundación Illa de San Simón, "www.illadesansimon.org", anuncio e documentación referida ao expediente de contratación dun servizo de transporte marítimo colectivo de pasaxeiros para acceso de visitantes á illa de San Simón.

OBXECTO DO CONTRATO:
Prestación de servizo de transporte marítimo colectivo de pasaxeiros para acceso de visitantes á illa de San Simón.

PREZO:
75.100 € + 7 % de IVE

DATA DE FINALIZACIÓN DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS:
29 de xullo de 2008 ás 14 horas.

LUGAR ONDE AS PROPOSICIÓNS DEBERÁN SER PRESENTADAS:
Rexistro da Fundación Illa de San Simón, sito na Oficina Local da Consellería de Cultura e Deporte, Praza da Estrela 9, 4º. Edificio Administrativo da Xunta de Galicia-Vigo.

PREGOS DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E PRESCRICIÓNS TÉCNICAS:

PRESCRICIÓNS TÉCNICAS     CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS

* CORRECCIÓN DE ERROS NO PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS

Na cláusula 18 do referido prego existe un erro no apartado referido a Proposta técnica

O texto que debe figurar é o que a continuación se indica:

Proposta técnica: ata 10 puntos

* Prestacións técnicas da embarcación: ata 4 puntos.
* Experiencia da tripulación vinculada á execución do contrato: ata 4 puntos.
* Plan de seguridade: ata 2 puntos.

* ANUNCIO DE ACTO PÚBLICO DE APERTURA DAS OFERTAS ECONÓMICA E TÉCNICA

Ó abeiro do disposto na cláusula 15 do prego de cláusulas particulares que rexen o procedemento de contratación do servizo de transporte marítimo á Illa de San Simón, teño a ben convocar a mesa de contratación para a apertura da oferta técnica e económica.

O acto de apertura será público e terá lugar as 12:00 horas do vindeiro día 1 de agosto na Sala de Xuntas da Consellería de Cultura e Deportes.

Publíquese este acordo no perfil de contratante.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2008

O presidente da Mesa de Contratación

Calos Amoedo Souto

RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONTRATO DE SERVIZOS DE TRANSPORTE MARÍTIMO Á ILLA DE SAN SIMÓN

A Mesa de Contratación formula, con data 6 de agosto de 2008, a proposta de adxudicación provisional do contrato de servizos, tramitado por procedemento aberto para “transporte marítimo á Illa de San Simón”.

En nome do Padroado da Fundación Illa de San Simón e no uso das facultades que en materia de contratación me atribúe o Acordo de delegación de funcións de 12 de decembro de 2007, así como as Instrucións de contratación aprobadas polo Padroado de 5 de xullo de 2008,

RESOLVO:

1º. Aceptar a referida proposta en todos os termos e adxudicar provisionalmente o citado contrato a favor da empresa CRUCEROS ANGEL, S.L., con CIF. nº B-36282309 e por un importe de SETENTA E SETE MIL CUARENTA EUROS (77.040 €), IVE incluído, conforme ao seguinte desagregamento:

Ano 2008:

Importe total: 77.040 €

Importe sen IVE: 72.000 €

Importe IVE (7%): 5.040 €


2º. Establecer como prazo máximo de execución do contrato o 31 de decembro de 2008.

3º. Ordenar a notificación desta resolución ao adxudicatario provisional e a publicación no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 63 das Instrucións de contratación da Fundación Illa de San Simón..

De conformidade co disposto na cláusula 19 do Prego de Cláusulas Particulares, o adxudicatario provisional deberá presentar a documentación requirida no citado prego na oficina da Fundación Illa de San Simón en Vigo, no prazo de 3 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2008

O Secretario da Fundación

Carlos Amoedo Souto

RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO SERVIZO DE TRANSPORTE MARÍTIMO Á ILLA DE SAN SIMÓN

Con data 7 de agosto de 2008 o órgano de contratación da Fundación Illa de San Simón resolveu adxudicar provisionalmente o contrato de servizos, tramitado por procedemento aberto e trámite urxente, de “transporte marítimo á Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra)”, a favor da empresa Cruceros Angel, S.L.

Desde a publicación o día 7 de agosto de 2008 no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de tres días hábiles establecido no punto 63 das Instrucións de contratación da Fundación Illa de San Simón, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.

Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, en nome do Padroado da Fundación Illa de San Simón e no uso das facultades que en materia de contratación me foron delegadas por Acordo do Padroado da Fundación de 12 de decembro de 2007, e en cumprimento do disposto no punto 63 das Instrucións de contratación da Fundación Illa de San Simón aprobadas no seu Padroado de 5 de xullo de 2008,

RESOLVO:

1º. Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa CRUCEROS ANGEL, S.L., con CIF. nº B-36282309 e por un importe de SETENTA E SETE MIL CUARENTA EUROS (77.040 €), IVE incluído, conforme ao seguinte desagregamento:

Ano 2008:

Importe total: 77.040 €

Importe sen IVE: 72.000 €

Importe IVE (7%): 5.040 €


2º. Establecer como prazo máximo de execución do contrato o 31 de decembro de 2008.

3º. O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas, e elevarase a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outorgamento.

4º. A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Asimesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 65 das Instrucións de contratación da Fundación Illa de San Simón.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2008.

O Secretario da Fundación

Carlos Amoedo Souto


Localización   Contactar

Xunta