Las casillas que aparecen resaltadas sobre el calendario indican que en esa fecha está previsto algún evento en la Illa de San Simón.
Haciendo clic en la casilla se relacionarán los eventos correspondientes a ese día
do 17 de setembro de 2012 ó 24 de setembro de 2012
A Unión Europea escolle San Simón para o desenvolvemento do Programa Xuventude en Acción
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe neste seminario que se celebra ata o luns baixo o título Tic Tac Multilateral Training Course to support quality in Action 4.3. Este curso de formación responde á filosofía de ser un programa educativo de aprendizaxe sobre temas específicos, destinado a mellorar as competencias, os coñecementos, as cualificacións e as actitudes dos participantes Xuventude en Acción é un programa creado para promover a mobilidade dos mozos e mozas europeos, infundindo así un sentimento de cidadanía europea activa, solidariedade e tolerancia.
do 24 de xullo de 2012 ó 25 de xullo de 2012
En marcha Festival Sinsal San Simón 2012.
Hoxe e mañán, 24 e 25 de xullo, as illas de San Simón e San Antón acollen o X Festival Sinsal.
do 21 de xuño de 2012 ó 22 de xuño de 2012
Voz da Travesía baséase na descuberta da memoria oral colectiva e do patrimonio cultural de Galicia, Bruxelas e Aquitania a través da creación artística. A promoción da diversidade cultural é un obxectivo central desta iniciativa, que percorre tres territorios conectados polo Camiño de Santiago. Voz da Travesía é o segundo proxecto no que participa a Fundación Illa de San Simón que consegue o apoio do Programa Cultura 2007-2013 da Unión Europea. A presentación europea do proxecto tivo lugar hoxe na capital de Bélxica.
do 09 de xuño de 2012 ó 09 de xuño de 2012
María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, filla e pai, autores de Tonas de Laranxa, acadaron o galardón Xerais de novela. Marcos Calveiro obtivo o Premio Merlín de Literatura Infantil por Palabras de Auga.
do 07 de xuño de 2012 ó 08 de xuño de 2012
O secretario xeral de Cultura inaugurou esta mañá o encontro, organizado polo Consello da Cultura Galega, no que expertos de Galicia, México, Brasil e a UNESCO reflexionarán sobre as estratexias a seguir para favorecer a diplomacia cultural galega e a proxección internacional de Galicia.
do 12 de maio de 2012 ó 13 de maio de 2012
II Xornadas Máxicas do Pensamento.
O pasado domingo 13, clausuráronse as II Xornadas Máxicas do Pensamento, organizadas por los Magos Profesionais de Galicia (MPG), en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Fundación Illa de San Simón, como sede das xornadas, e a Axencia Galega das Industrias Culturais.
do 09 de maio de 2012 ó 09 de maio de 2012
Neuromagic 2012: Conferencia de Susana Martínez- Conde, James Randi e Apollo Robbins
O vindeiro mércores 9, ás 19:00 horas, no Auditorio da Xunqueira en Redondela, a científica e os dous magos darán unha conferencia sobre os enganos da mente. O evento é froito da colaboración entre a Fundación Illa de San Simón e o Concello de Redondela.
do 07 de maio de 2012 ó 10 de maio de 2012
Neuromagic volve á Illa do Pensamento
Xa están dispoñibles o dossier e programa deste encontro, que se celebrará entre o 7 e o 10 de maio de 2012
do 04 de abril de 2012 ó 08 de abril de 2012
A Fundación Illa de San Simón colabora co Torneo Internacional de Fútbol 7 alevín, de Redondela.
Por segundo ano consecutivo, o ente dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acolle a dous dos equipos participantes, Sporting de Xixón e Sporting de Portugal -Lisboa-, participantes no torneo que, cada Semana Santa, ten lugar no concello redondelán.
do 13 de abril de 2012 ó 29 de abril de 2012
A Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, oferta 60 prazas para cursos de iniciación ao mergullo con bombona en abril no espazo xestionado pola Fundación Illa de San Simón, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Mostrando 1 a 10 de 88 rexistros / 10 Anteriores - 10 Seguintes