Fundación Illa de San Simón
inicio

Noticias

23 de decembro de 2011

Felices Festas desde San Simón

San Simón deséxavos Felices Festas e un ano 2012 cheo de bos pensamentos.

Ver +

20 de outubro de 2011

Comenzan os traballos de restauración da estatua do Capitán Nemo na praia de Cesantes.

En datas inminentes, e tras os estudos preliminares e elaboración do orzamento, iniciaranse os traballos de rehabilitación do podium onde se sitúa a estatua do Capitán Nemo, que preside a redondelá praia de Cesantes.

Ver +

18 de outubro de 2011

O historiador galego Luis Gorrochategui viranos falar, o vindeiro sábado, do seu libro CONTRA ARMADA: La mayor catástrofe naval de la historia de Inglaterra.

O arquipiélago das illas de San Simón e San Antón, a Illa do Pensamento, acollerá o sábado, día 22 de outubro, a primeira das xornadas dun ciclo literario, de periodicidade trimestral, que quere seguir cimentando un espazo de libre pensamento no arquipiélago. Unha homenaxe merecida a historia de batallas e conquistas acontecidas no devenir dos tempos neste contexto atlántico de mitos e lendas ancestrais.

Ver +

18 de outubro de 2011

Un total de 30 produtores de son galegos participan en San Simón no curso Históricos do Rock

[18/10/2011] No encontro exercen como mestres Tony Platt, Phill Brown e Gil Norton, procedentes de bandas como AC/DC, Bob Marley, The Who ou Joe Cocker.

Ver +

14 de outubro de 2011

Galicia contará co Laboratorio Permanente de Industrias Culturais para a análise e desenvolvemento do sector

Funcionará desde a illa de San Simón coa participación de Agadic, o Consello da Cultura Galega e as Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo. A Consellería de Cultura e Turismo elevou ao Consello da Xunta o informe de conclusións do primeiro foro celebrado no marco do proxecto INDCREA, que congregou 50 profesionais e académicos internacionais. A diminución da dependencia das axudas públicas, a busca da rendibilidade das infraestruturas culturais ou o fortalecemento da reputacións das empresas son algunhas das claves apuntadas polo grupo de expertos.

Ver +

13 de outubro de 2011

ESPAZOS SONOROS: Escoitas con... Rolf Lislevand.

O vindeiro sábado 15 de outubro, Espazos Sonoros achégase a San Simón da man do músico noruegués Rolf Lislevand. De seguido, podedes atopar unha breve nota curricular do artista e a información de servicio para asistir ao evento.

Ver +

29 de setembro de 2011

Agadic e a compañía DotBeat, en colaboración coa Fundación Illa de San Simón, organizan o curso HISTÓRICOS DO ROCK dirixido aos produtores de son galegos

O encontro reúne como mestres a colaboradores de bandas e artistas tan míticos como AC/DC, Bob Marley, The Who, Steve Winwood ou Joe Cocker, entre outros. Os interesados poderán solicitar a súa preinscrición ata o luns 10 de outubro nalgunha das dúas modalidades de asistencia previstas para un máximo de 30 alumnos.

Ver +

22 de setembro de 2011

AS INDUSTRIAS CULTURAIS SITÚANSE COMO O SECTOR CON MAIOR POTENCIALIDADE PARA AFRONTAR A CRISE E MELLORAR A SÚA POSICIÓN ACTUAL

O director da AGADIC clausurou hoxe o cumio académico e profesional que reuniu na Illa do Pensamento a medio centenar de expertos para debater sobre as estratexias de futuro do sector

Ver +

21 de setembro de 2011

OS EXPERTOS DO PROXECTO INDCREA APELAN Á NECESIDADE DE REDEFINIR OS MODELOS DE NEGOCIO DAS INDUSTRIAS CULTURAIS PARA DESAFIAR A GRATUIDADE DOS CONTIDOS

No primeiro tramo das xornadas abordáronse as novas tendencias dun negocio que se presenta como oportunidade de futuro para xerar emprego e impulsar a saída da crise que afecta a todos os sectores produtivos

Ver +

20 de setembro de 2011

Joan Fontcuberta impartirá un taller sobre fotografía 2.0 na Illa de San Simón

A Agadic e a Fundación Illa de San Simón organizan este curso, que se desenvolverá o 1 e 2 de outubro e para o que se ofertan un total de 25 prazas. O recoñecido artista catalán analizará a vixencia do documental na cultura postfotográfica, así como os novos procesos de produción de identidade.

Ver +

Mostrando 1 a 10 de 144 rexistros / 10 Anteriores - 10 Seguintes