Fundación Illa de San Simón
inicio

Esta noticia está en las siguientes categorías:

02 de maio de 2012

Neuromagic volve á Illa do Pensamento

Xa están dispoñibles o dossier e programa deste encontro, que se celebrará entre o 7 e o 10 de maio de 2012

A illa de San Simón, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acollerá entre os días 7 e 10 de maio Neuromagic 2012: Os Enganos da Mente, para retomar unhas sesións de traballo inéditas iniciadas o pasado ano no marco da innovadora liña de investigación que estuda as conexións entre a neurociencia e a maxia.

Os coordinadores de Neuromagic 2012 son os impulsores desta liña de investigación, Susana Martínez-Conde e Stephen Macnick, codirectores do Barrow Institute (Phoenix, EEUU), que revolucionaron a neurociencia cognitiva. No marco deste proxecto, desenvolvido baixo o termo neuromagia, colaboraron con algúns dos máis prestixiosos magos e ilusionistas do mundo como David Copperfield, Raymond Teller, Mac King, James Randi ou Apollo Robbins, algúns dos cales participarán nesta edición de Neuromagic, xunto con neurocientíficos de talla mundial. O obxectivo é avanzar na investigación sobre os mecanismos de atención do cerebro, a través dos trucos dos magos ao manipular a consciencia xerando ilusións visuais e cognitivas. As aplicacións destes estudos abarcan desde a neurorehabilitación clínica en casos de trastorno por déficit de atención con hiperactividade, trauma cerebral, autismo ou alzheimer, así como procesos de aprendizaxe a nivel escolar.

As sesións terán seguemento permanente en Twitter (#Neuromagic2012) e a sesión do día 10 será retransmitida por streaming, no Canal San Simón TV