Fundación Illa de San Simón
inicio Xunta de Galicia

A natureza

San Simón e San Antonio son as illas maiores do arquipélago, que se completa cos illotes de Cobreiras e Pena Branca. O gran patrimonio do conxunto é sen dúbida a súa riqueza paisaxística, cuns parques e xardíns cunha personalidade que se foi cimentando ao longo dos séculos grazas á incorporación de novas especies traídas doutras terras e fusionadas coas autóctonas.

A forza da vexetación cercada polo mar confírmase no gran sinal de identidade de San Simón: o Paseo dos Buxos. Esta espectacular bóveda vexetal de buxos centenarios é só un exemplo da diversidade paisaxística da illa, na que a pedra dos acantilados, os peiraos e os malecóns, entre os que irrompe o cristal do miradoiro invitando a desfrutar dunhas vistas espectaculares, son os encargados de enmarcar o verdor do conxunto antes de chegar ao azul do mar.