![]() |
Web en construción |
|
A Fundación Illa de San Simón deséxate un FELIZ ANO 2009 DURANTE O ANO 2008 MÁIS DE 20.000 PERSOAS TEÑEN VISITADO AS ILLAS E PARTICIPADO NAS ACTIVIDADES REALIZADAS NESTE SITIO HISTÓRICO. OS PROGRAMAS DE VISITA Á ILLA DARÁN COMEZO NA VINDEIRA TEMPADA DE PRIMAVERA. AGARDÁMOSTE. |
FUNDACIÓN ILLA DE SAN SIMÓN - PROGRAMA DE CONFERENCIAS SÁBADO 6 DE DECEMBRO Auditorio da Illa de San Simón
Impartida por D. Javier Luaces Anca. Arqueólogo. SÁBADO 13 DE DECEMBRO Auditorio da Illa de San Simón PARTICIPAN D. Antón Caeiro Rodríguez, director do documental "Aillados" e
D. Juan A. González Pérez, Para máis información ver folleto das conferencias. |
PROGRAMA EDUCATIVO 2008 A ILLA DE SAN SIMÓN E A SÚA ENSEADA PROGRAMA GRATUITO DIRIXIDO PRIORITARIAMENTE A ALUMNADO DE CENTROS DE ENSINO DE ETAPA ESO
Outubro-decembro 2008 Para máis información ver folleto do programa. Patrocinado por: |
PROGRAMA DE VISITAS A SAN SIMÓN PROGRAMA DE VISITAS AS ILLAS DE SAN SIMÓN E SAN ANTONIO
Visitas culturais guiadas ou autoguiadas ás illas de San Simón e San Antonio, declaradas Sitio Histórico e Ben de Interese Cultural. Para máis información ver folleto do programa. Para coñecer os días, portos de saída e características destas visitas deben atender ao cadro correspondente ao mes en curso: |
A FUNDACIÓN ILLA DE SAN SIMÓN E A DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL DA CONSELLERIA DE CULTURA E DEPORTE
Presenta os libros:
"ILLAS DE SAN SIMÓN E SAN ANTONIO, A RECUPERACIÓN DUN SITIO HISTÓRICO"
Sábado 22 de novembro de 2008, ás 17:30 horas. Auditorio da Illa de San Simón.
Haberá transporte marítimo dende o peirao de Cesantes-Redondela ás 16:30h, 17:00h e 17:15h.
Regreso a partir das 18:30h.
RESERVA DE PRAZA:
É preciso confirmar asistencia antes do día 22 de novembro, chamando aos teléfonos 986903884 ou 671035030. Ata completar aforo.
Para máis información ver folleto do programa.![]()
E MIRAREMOS LAS ONDAS
PROGRAMA DE VISITA DENDE O MUSEO DO MAR DE GALICIA Á ILLA DE SAN SIMÓN
CUN PERCORRIDO GUIADO POLA RÍA
Días 12, 19 e 26 de outubro e 2 e 9 de novembro de 2008
Saídas desde o Museo do Mar de Galicia ás 10 h. e 16 horas.
Tempo aproximado de duración das viaxes: 4 horas.
Reservas a través da Central de Reservas da web www.illadesansimon.org
ou solicitando pase a través do correo electrónico visitas@fundacionilladesansimon.org
ou chamando ao teléfono 986 90 38 84
Para máis información ver folleto do programa.![]()
Patrocinado por:

ENCONTRO NACIONAL DA MEMORIA HISTÓRICA
Illa de San Simón, 19 e 20 de xullo de 2008
PROGRAMA
Sábado 19 de xullo. Ás 12 horas Acto de honra aos protagonistas do exilio galego.
Intervirán varias mulleres exiliadas e Xosé Neira Vilas.
Haberá actuacións musicais, con Carmen Dor e o Grupo de Música Tradicional do IGAEM.
Sábado 19 de xullo (pola tarde) e Domingo 20 de xuño (mañá e tarde):
Xornadas "Mulleres con memoria. Exilios femininos".
As persoas interesadas en asistir ao encontro deben confirmar a asistencia no teléfono 981 544 812 ou no correo electrónico: anodamemoria@xunta.es
ACTO DE PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES DA FUNDACIÓN ILLA DE SAN SIMÓN E INAUGURACIÓN DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS ILLAS DE SAN SIMÓN E SAN ANTONIO.
ILLA DE SAN SIMÓN. SÁBADO 5 DE XULLO
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
11 h. REUNIÓN ORDINARIA DO PADROADO DA FUNDACIÓN ILLA DE SAN SIMÓN
Sala de Xuntas do edificio de San Antón.
11 h. – 12 h. RECEPCIÓN DE PERSOAS CONVIDADAS AOS ACTOS.
Peirao do Capitán.
12 h. PRESENTACIÓN DA FUNDACIÓN E DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES.
Auditorio multiusos
12.30 h. INAUGURACIÓN DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS ILLAS DE SAN SIMÓN E SAN ANTONIO
Edificio do Centro de interpretación e documentación. San Antonio.
O transporte de persoas convidadas efectuarase desde o peirao do porto de San Adrián de Cobres (Vilaboa).
A FUNDACIÓN ILLA DE SAN SIMÓN
A Fundación Illa de San Simón ten como obxectivos principais a conservación do conxunto das Illas de San Simón e San Antonio e a potenciación dos seus valores naturais, culturais e paisaxísticos, a xestión das súas instalacións como contedor cultural e o desenvolvemento dun programa de actividades culturais, educativas e de investigación, especialmente aquelas relacionadas co medio mariño e a cultura do mar, a historia da illa e a memoria histórica.
O noso labor dirixese a:
A ILLA DE SAN SIMÓN
As illas de San Simón e San Antonio son un excepcional e paradisíaco enclave situado na enseada que conforma o fondo da ría de Vigo. As illas foron declaradas Ben de Interese Cultural como sitio histórico pola Xunta de Galicia e a enseada de San Simón está catalogada como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.
Localizadas fronte a Cesantes, as illas foron desde a Antigüidade testemuña directa da nosa historia e dos múltiples avatares e traxedias que aquí tiveron lugar.
Posiblemente utilizadas xa durante a época prerromana e da romanización, tendo en conta a súa proximidade á terra, será na Idade Media cando a illa comece a ter historia de seu. A partir dun primeiro asentamento relixioso, pode ser que un primeiro cenobio construido antes do século X, San Simón vai soportar un longo período de actividade monacal que durará ata mediados do século XVIII. Diferentes comunidades relixiosas (templarios quizais, pascualinos, benedictinos, franciscanos) van atopar neste lugar un espazo de referencia espiritual e retiro. Neste tempo xurdirá o culto ao santo que da nome á illa e a enseada e ao que o trobador Mendinho, no século XIII, se refere na súa célebre cantiga. Durante este tempo a paz do lugar verase perturbada por mor de conflictos territoriais, actos violentos ou batallas.
Ás incursións corsarias que no século XVI leva a cabo Francis Drake na ría de Vigo e a illa de San Simón, sucederalles en 1702 a Batalla de Rande, que ten lugar aquí no contexto da Guerra da Sucesión española. En setembro deste ano unha frota armada anglo-holandesa ataca ás naves españolas e francesas que se refuxiaran na enseada de San Simón para defenderse deste ataque e descargar á terra o cargamento de prata e outros produtos de valor recén chegados de América. A batalla rematará coa destrución por afundimento e incendio da frota hispano-francesa e a illa será obxecto do saqueo e da violencia dos contendentes. Xurde a partir deste acontecemento a lenda sobre os tesouros dos galeóns afundidos que a prolífica pluma de Jules Verne aproveita nunha das pasaxes de Vinte mil leguas baixo os mares.
A historia contemporánea de San Simón comeza tras a saída dos monxes e a aprobación polo Estado do proxecto de construción dun lazareto marítimo nesta illa, que estará en actividade entre 1842 e 1927, acollendo milleiros de doentes en situación de corentena fronte as enfermidades infecto-contaxiosas da época. O lazareto vai ser un factor decisivo do crecemento económico do Porto de Vigo e a súa cidade e vaise converter nun espazo no que a humanidade e a desgraza se encontran, sendo testemuña de feitos e avatares senlleiros, como por exemplo o momento das repatriacións efectuadas despois da derrota española nas guerras coloniais de Cuba e Filipinas, en 1898.
Sen dúbida, unha das páxinas máis amargas da historia de San Simón a escreben os golpistas que en xullo de 1936 poñen fin en Galiza ao réxime democrático da II República. A partir de outubro este lugar converterase na colonia penitenciaria na que os sublevados reclúen a presos políticos, na súa maior parte en situación preventiva, que chegan de toda Galiza primeiro e con posterioridade de todo o Estado español. O novo réxime imporá entre 1936 e 1943 nesta lírica localización un espazo de illamento político, unha cruenta e precaria prisión e o maior campo de concentración do país, pola que pasan cerca de seis milleiros de persoas.
A este uso seguiralle outro ben diferente, cando o réxime da Ditadura decide ubicar na illa un Albergue Nacional adicado a estadías temporais de persoas vinculadas coa Garda de Franco. A traxedia imponse novamente e un día de agosto de 1950 tras o naufraxio da lancha A Monchita morren 43 membros desta organización, o que determina a clausura definitiva do albergue.
En 1955 constitúese en San Simón o Fogar Mendez Núñez dirixido a rapaces orfos de mariñeiros e familias con poucos recursos, que permanecerá en actividade ata 1963 como unha colonia na que conviven alumnos, mestres e persoal diverso. É a partir do seu peche cando as illas de San Simón e San Antonio caerán no abandono definitivo, o esmorecemento e a ruina de todo o seu conxunto.
A partir de 1997 a Xunta de Galicia inicia un proceso de recoñecemento dos valores deste lugar, coa súa declaración como Ben de Interese Cultural, a redacción do Plan Director das illas, elaborado polo arquitecto Cesar Portela, e a rehabilitación do conxunto, que se extende ao longo de máis de oito anos. En maio de 2007 constitúese o Padroado da Fundación Illa de San Simón.
Estas illas son porén, na actualidade, un valor patrimonial, ambiental e esencialmente un recurso da nosa memoria histórica común, a memoria dun lugar posto ao servizo da cultura e a sociedade.
| Localización | Webmail - Contactar |